Este xoves 21 de marzo, dúas alumnas de 3º ESO do noso centro participaron no concurso "Canguro matemático". Desexámoslles moita sorte. Aquí vos deixamos unha foto:
jueves, 28 de marzo de 2019
jueves, 28 de febrero de 2019
PARTICIACIÓN DO ALUMNADO NO CANGURO MATEMÁTICO
Dúas alumnas de 3º ESO do noso centro participarán o xoves 21 de marzo no concurso "Canguro matemático", no que participa alumnado de toda España, e que, no noso caso, terá lugar no propio centro dende as 16.45 horas ata as 18:00 horas. Podedes consultar as bases do concurso na seguinte ligazón:
lunes, 18 de febrero de 2019
GAÑADORES/AS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Xa temos gañadores/as do I Concurso de Fotografía Matemática "As matemáticas ao noso redor". Na Categoría A a fotografía gañadora é "Triángulo luminoso" de Lucía Ordoñez (1º ESO), e na categoría B a fotografía gañadora é "Esferas llegan tarde" de Ismael Torreira (3º ESO B). Gracias a todos/as os participantes polas súas fotografías.
.
Parabéns aos gañadores!
Triángulo luminoso Esferas llegan tarde
jueves, 14 de febrero de 2019
PUBLICACIÓN DE FOTOS PARTICIPANTES
Rematado o prazo de presentación de fotografías no I Concurso de Fotografía Matemática "As matemáticas ao noso redor", podedes ver as fotografías presentadas na sección deste blog "I Concurso de Fotografía Matemática". Próximamente anunciaremos os gañadores do concurso.
viernes, 8 de febrero de 2019
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Hoxe remata o prazo para a presentación de fotografías ao I Concurso de Fotografía Matemática "As matemáticas ao noso redor". Collede a cámara, botádelle imaxinación e animádevos a participar!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)